PÉREZ&FERNÁNDEZ: 'NANAI DA CHINA' PONTEVEDRA
Varie date
Auditorio Municipal de Vigo
Praza do Rei 1, Vigo, PONTEVEDRA
Ficha técnica e artística:
Texto orixinal: Xabier Romero
Adaptación e dirección: Victoria Pérez
Elenco: Victoria Pérez e Manu Fernández
Produción: Pérez&Fernández
Descrición:
Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente. Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron.
Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor. A peza foi gañadora do Premio María Casares 2024 na categoría de monicreques.
Procedencia: Galicia
Xénero: teatro e monicreques
Idade recomendada: a partir de 5 anos
Duración: 45 minutos
Idioma: galego
Existen 4 espazos reservados para persoas con mobilidade reducida (PMR) que NON contan con butaca física; son espazos adaptados para aquelas persoas que acudan en cadeiras de rodas. Así mesmo, hai 4 butacas ao seu carón reservadas para os seus acompañantes (de ser o caso).
No caso de adquirir entradas nesta modalidade é importante comprobar ao seleccionalas se se trata de persoas con cadeiras de rodas (sen butaca) ou se son acompañantes destas (butaca ao carón do espazo destinado a PMR).
As entradas adquiridas destinadas a PMR sen cumprir estas características poderán ser anuladas sen posibilidade de reembolso.
Altri Artisti
Informazione sul recinto
Aggiungi servizi
Condividi evento