CUARTETO FEDERAL na Casa das Crechas Santiago de Compostela
Varie date
Casa das Crechas
, Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
CUARTETO FEDERAL tiene eventos activos en este momento.
Sei un fan di CUARTETO FEDERAL
Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.
Esta proposta quere provocar o encontro entre catro talentos do Jazz contemporáneo da España do século XXI. Catro músicos de Jazz convocados dende a periferia tanto xeográfica como estilística. Un convite consciente e intencionado liderado dende unha intención creadora e contemporánea. Esta reunión artística conecta catro músicos nacidos nas décadas dos 60, 70 e 80, que se coñecen ó fundar a Federación Española de Músicos Profesionais de Jazz (FMJazz), dispoñendo o destino que ese cuarteto de representantes doutras tantas asociacións, fora á súa vez unha das formacións tótem do jazz contemporáneo: piano, batería, saxo e contrabaixo. Andalucía, Catalunya, Canarias e Galicia. Javier Galiana, Guillem Arnedo, Kike Perdomo e Xacobe Martínez Antelo.
UNHA ALIANZA DE JAZZ CONTEMPORÁNEO DENDE OS 4 PUNTOS CARDINAIS
Este proxecto supón unha oportunidade única para explorar os lugares comúns, as diversidades territoriais, e as posibilidades que esta experiencia pode xenerar nun contexto de Jazz contemporáneo de vanguardia. A proposta artística pasa por xenerar material musical orixinal para esta formación, poñendo especial fincapé nas singularidades de cada territorio, sen renunciar á liberdade que proporciona a linguaxe común ós 4 músicos: o Jazz contemporáneo. Este encontro nace co compromiso de amosar un retrato significativo do que se pode facer se conectamos territorialmente o talento actual. Do que pode pasar se xuntamos 4 artistas punteiros do Jazz estatal procedentes de 4 territorios cunha pegada da música tradicional e popular tan importante.