Colectivo Zafra- (jazz) CORUÑA
Varie date
Auditorio A Fábrica
Calle del Inglés 13, CORUÑA, CORUÑA
Pablo Añón tiene eventos activos en este momento.
Sei un fan di Pablo Añón
Scopri le loro ultime notizie, foto e video. Daci la tua email per non perdere nessun dettaglio.
XII CICLO DE MÚSICA VOCES CÁLIDAS PARA NOITES DE INVERNO
Colectivo Zafra- (jazz)
A proposta do grupo Zafra baséase na presentación dun repertorio orixinal composto e arranxado na súa maior parte polo baixista e contrabaixista Charly Drop, membro fundador do grupo. O conxunto de pezas que Zafra presenta no seu directo inclúe tamén versións de obras moi representativas do repertorio de jazz latino, escollidas de xeito orixinal, co obxectivo de crear un repertorio novo e entretido para o público.
Colectivo Zafra nace hai tan só un ano e medio da inquietude de dous dos membros que se coñecen cursando os estudos superiores de música na cidade da Coruña, que deciden reunir a un grupo de amigos para transmitir as súas vivencias á xente a través da súa propia música. Colectivo Zafra fala do sacrificio e suor desde a perspectiva musical dun grupo de profesionais que compoñen música para gozar, sentir e conectar. Para levar a cabo o proxecto deciden marcar unha rutina de ensaios e encontros ademais de moverse polas distintas salas de concertos da provincia da Coruña para poder así conseguir concertos en diferentes escenarios.
Integrantes: Charly Drop (contrabaixo), Iago Mourinho (teclados), Miguel Cabana (batería), Diana Tarín Voz), William Díaz Pozo (Trombón) e Pablo Añón (saxofón)
Público: todos os públicos
Altri Artisti
Informazione sul recinto
Aggiungi servizi
Condividi evento